Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Padrón / Sar (comarca)
Parroquia: Cruces (Santa María)
Lugar: Pena das Cruces
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Antigo marco do Alto de Pena das Cruces do que non se tiña constancia da súa existencia porque estaba entre a maleza do monte e agora está ao pé dun cortalumes. Cítase en documentos do XIX. Segundo López Alsina “el procedimiento para delimitar el coto de la villa de Pedroso sigue siendo el mismo en el siglo XIX como demuestran los reconocimientos completos de su término hechos en 1861 y 1873” [….] “se utilizan trece hitos de referencia, bien conocidos por los habitantes de Pedroso y sus vecinos. Nueve de los marcos son mojones de piedra, hincados en tierra: dos, son rocas naturales, convenientemente marcadas o labradas, otros, un molino (en A Silva – Lampai), y el último un accidente del terreno”.
Este marco está case no linde dos concellos de Teo e Padrón, pero cae na parte de Padrón. Figura en varios documentos notariais do S.XIX (preitos e recoñecementos) como fito 2 do couto de Pedrouso, herdeiro do couto medieval que o Emperador Afonso VII dona en 1156 o cabaleiro Sancho Eanes.
O marco foi tirado polas labores de limpeza dun cortalumes, e na zona está planificado facer un parque eólico.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

López Alsina, Fernando. El encuadramiento eclesiástico como espacio de poder: de la parroquia al Obispado.
Acceso ao traballo en Dialnet
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=293651

Guitián Castromil, Jorge. Guitián Rivera, Xoán. Un acoutamento medieval na comarca compostelá
http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2001PDF/2001%20103_116.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O marco foi tirado polas labores de limpeza dun cortalumes, e na zona está planificado facer un parque eólico.


Onde está localizado

Latitude: 42.7856889742
Lonxitude: -8.63377869129
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84