Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Deza (comarca) / Silleda
Parroquia: Rellas (san martiño)
Lugar: Torrevedra
Outra denominación do ben: Torrevedra
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Outeiro de forma cónica rodeado na zona sur polo rego de Escuadro, antes de xuntarse uns 100 metros ao leste co río Toxa, e ao que amosa rexas pendentes cara a súa canle. Na zona oeste mantén esas fortes pendentes que configuran a súa característica forma apuntada. Ten excelente dominio por esta zona das terras de Rellas e Escuadro e pasa ao seu carón un camiño que atravesa unha pontella sobre o rego de Escuadro. Na zona norte presenta menos elevación con respecto ao terreo circundante e podemos apreciar un parapeto cun foso, que a día de hoxe está moi colmatado. No cume hai unha pequena superficie chan duns 10 metros de diámetro.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA36052020
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7112872594
Lonxitude: -8.28571915627
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84