
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Deza (comarca) / Silleda
Parroquia: Escuadro (San Salvador)
Lugar: A Somoza (A Cubela)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O asentamento está nun prominente outeiro no que se aprecia unha croa defendida por un terraplén con muralla no lado norte. Cara o noroeste defenderíase cun foso. Segundo a ficha do castro elaborada pola deputación de Pontevedra : “Defínense dúas entradas, ao norte e ao oeste, aínda que sen garantías de que fosen antigas. O seu diámetro sería duns 50 m. Tamén se apunta que está alterado pola extracción de pedra para canteira. Hai alusións a que no alto do castro houbo unha capela e, na base, un cruceiro. Polo plano topográfico e o Modelo Dixital do Terreo (extraído dos datos LIDAR) pódese ver a alteración do xacemento. Tampouco se aprecian estruturas claras, salvo un tramo de terraplén polo sector norte”.
A zona do asentamento está rodeado por un peche metálico e hai abundantes árbores que impiden a súa completa visualización. Na zona na que se atopa podémos ver nos mapas a toponimia A Cubela, que en moitas ocasións refírense a pequenas fortalezas medievais.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://silleda.es/PXOM/Parroquias/10%20Escuadro/Cat%E1logo/1141b.pdf
http://www.depodeza.depo.es/documents/11157/29697/Silleda.pdf/23030435-7961-47ce-933e-740cc0b96ef3
pax. 90 e seguintes
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6942963265Lonxitude: -8.31180095673
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84