Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: Parada de Achas (Santiago)
Lugar: Os Bruñeiros
Outra denominación do ben: Peto de ánimas "de quita e pon" de Santiago de Parada de Achas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Peto de ánimas feito en pedra granítica que destaca polo seu pórtico dianteiro con dúas columnas de sección octogonal. No seu frontón podemos ver un ocelo moldurado e unha inscrición que di: “AÑO DE 1791”. O conxunto remata nunha cuberta a dúas augas con remate de cruz tipo latina de recente factura que substitúe a unha de época anterior.
A fornela é de tipo aberto con arco de medio punto, e aparece protexida por un enreixado metálico. No seu interior podemos ver varias imaxes de factura moderna. No pasado a fornela posuía un retablo de madeira policromada.
Na repisa da fornela aparece o caixón para as esmolas.
O conxunto, que foi restaurado recentemente, é un dos poucos petos de “quita e pon” da bisbarra.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACANIZA/documents/0764CA004.PDF
(Páxina 14)
http://senciandyo.blogspot.com.es/2016/01/peto-de-animas-de-bruneiros-1791.html?view=flipcard

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra.
Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1716278379
Lonxitude: -8.30508068204
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84