Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Brocos (San Miguel)
Lugar: O Marquesado
Outra denominación do ben: Castro de Brocos, Coto do Castro, O Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro moi alterado polas continuas labores agrícolas ao longo dos tempos. Sitúase a unha altitude de 290 metros e sobre unha zona de ladeira da marxe esquerda do río Ulla, que hoxe en día está moi preto do encoro de Portodemouros. Está ocupando unha lixeira elavación e aínda están visibles os restos dun terraplén que segundo a ficha da Deputación de Pontevedra “correspondería a un recinto de forma alongada, co eixo maior NE-SW que ten unhas medidas de algo máis de 90 m. polo exterior. Os restos de terraplén presentan un corte moi vertical debido ao impacto do acondicionamento dos terreos”
Non é doado saber onde acaba a croa e delimitar as súas estruturas defensivas. Seguimos lendo na descrición do castro:
“Non obstante, a existencia dunha suave lomba polo leste e sur, podería estar marcando o límite do recinto orixinal. Neste sentido, unha informante local dixo recordar que antes ó acceso polo leste a esa finca era moi complicado, porque os terreos subían moito e había que bordear esa zona para poder chegar á cima do monte. A muller situaba esa barreira onde agora se visualiza esa suave lomba”.
A Foto desta ficha é cortesía de Angel Luís Utrera Baza.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 36020030
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Presas García, Antonio. García Porral, Xoán Carlos. O mundo dos castros:
A comarca de Deza ED. Faro de Vigo, ISBN libro impreso 978-84-616-7983-6

Fichas Arqueolóxicas dos castros de Agolada. Deputación de Pontevedra.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8389683099
Lonxitude: -8.11737298965
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84