Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Sexo (Santiago)
Lugar: O Sexo
Outra denominación do ben: Castro de Gurobela
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro de forma alongada cuxa planta se alonga na parte central e sendo a parte norte máis estreita que a sur. Está a unha altitude de 378 m. e a uns 460 metros da marxe esquerda do río Ulla, na zona de rotura de pendente, e cerca do encaixamento da canle do río. O recinto está case desaparecido na parte sur. Segundo a ficha arqueolóxica dos castro de Agolada, no eixo maior NNO – SSE ten unhas medidas aproximadas de 90 m. (interior) e uns 110 m. (exterior). O eixo menor (ENE – OSO) ten na súa zona máis ampla uns 80 m. (interior) e 100 m. (exterior).
O parapeto que rodea ao recinto conservado levántase uns 3 m. e cun ancho que vai dos 3 aos 5 m. No tramo suroeste está desfeito e deixa á vista terra e pedras. A caída exterior do parapeto é moi pronunciada na zona norte, punto onde se conservan os restos dun foso. Na ficha de inventario (Carballo, 1987) fálase da existencia dun foxo por todo o sector norte do castro que posiblemente se estendeu por todo o perímetro. Actualmente obsérvase no cuadrante NE onde ten uns 3 – 4 m. de ancho.
Foto da ficha : Angel Luís Utrera Baza


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA36020031
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Presas García, Antonio. García Porral, Xoán Carlos. O mundo dos castros:
A comarca de Deza ED. Faro de Vigo, ISBN libro impreso 978-84-616-7983-6

Fichas Arqueolóxicas dos castros de Agolada. Deputación de Pontevedra.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8430433373
Lonxitude: -8.0745434761
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84