Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: Parada de Achas (Santiago
Lugar: O Arendo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do ano 1756 feita a base de pedra granítica labrada e escuadrada, de planta rectangular e cuberta a dúas augas, agás no presbiterio que é a catro. Posúe pináculos de bóla nos laterais.
Na súa fachada principal podemos ver a porta de acceso que, no seu lintel, aparece a seguinte inscrición:
“ROTULO
ESTA OBRA SE PRINCIPIO A 12 DE FEBRERO AÑO D 1756
SIENDO CURA EN BACANTE D. TOMAS SIMON Y SE
HAZE TODA DE LIMOSNA A DEVO DE DEVOTOS”.
Por riba da porta podemos ver un ocelo con derrame interno.
O conxunto remata nunha espadana dun só oco con cruz de pedra e pináculos no cume.
No interior se garda unha imaxe da Virxe da Peña de Francia que foi trasladada ata aquí dende a cidade portuguesa de Lisboa o día 8 de agosto de 1752 por unha asociación denominada Unión Paradiense composta por emigrantes da zona.
No mes de setembro se celebra unha romería á que asisten moitos devotos.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior da igrexa podemos ver o retablo maior, obra de Xoán Xil do ano 1762. O seu custo foi de 3000 reais de vellón.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACANIZA/documents/0764CA002.PDF (Páxina 10)

Ermita – Santuario de la Peña de Francia | GALICIA MÁXICA

BIBLIOGRAFÍA
Colunga, P. Alberto O.P. SANTUARIO DE LA PEÑA DE FRANCIA. HISTORIA. Ed. San Esteban. Salamanca. 1990.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1897448115
Lonxitude: -8.30044716597
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84