Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arzúa / Arzúa (comarca)
Parroquia: Mella (San Pedro)
Lugar: Mella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XIX,
Descrición:

Igrexa de orixe románica que acometeu reformas ao longo do tempo, sendo a máis recente do século XIX. Ten planta única e rectangular, con cabeceira destacada en planta e alzado e de menor altura que a nave. Muros de cachotería, recebados e pintados de branco, agás na fachada que amosa cadeirado de granito. Ten tellado a dúas augas con cuberta de tella curva. Do edificio primitivo conserva os muros norte e sur da nave e o arco triunfal que a comunica co presbiterio. Conserva no seu exterior unha interesante serie de canzorros con decoración xeométrica, vexetal e figurativa, algún deles moi desgastados polo paso do tempo. Contemporánea a estes canzorros é a porta, hoxe no muro sur, que conserva o lintel rectangular sobre mochetas. Na fachada, sinxela e carente de decoración, amosa porta alintelada, tamén sobre mochetas, e ábrese un óculo de forma semicircular. Do cume do hastial, sobre base rectangular, elévase a espadana que amosa dous ocos rematados en arco de medio punto e na cima un edículo flanqueado por pináculos piramidais e coroado por unha cruz de forxa. Sobre o muro testeiro da nave aparece un “Agnus Dei”, que sostén sobre o seu lombo unha dobre cruz circular. No muro norte colocouse unha pedra que ao parecer formaba parte do chan do antigo templo e que ten gravado unha serie de círculos concéntricos.
A orixe da toponimia da parroquia da Mella podería estar no latín “millia”, (milla). Na parroquia próxima de Boimorto, no lugar de Vilanova, apareceu un miliario dunha vía romana, que posiblemente unía Arzúa co campamento da Cidadela en Sobrado do Monxes. A 160 metros ao suroeste da igrexa está o Castro de Mella.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARZUA/documents/22210CA003.PDF
pax. 6 do pdf.
Soraluce Blond, José Ramón. Arquitectura da provincia da Coruña. Tomo XVIII. Ed ano 1997


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9722189823
Lonxitude: -8.13702821732
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84