Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Ventosa (San Xulián)
Lugar: A Eirexe
Outra denominación do ben: Castro da Eirexe
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro que se compón dun recinto de forma case circular dunhas medidas, de leste a oeste, duns 90 m. de diámetro polo interior e 115 m. no exterior. Conserva un parapeto de terra pola zona oeste, e faise máis evidente pola zona leste. Por este sector ten un tramo de 110 m. que no extremo sur está cortado para a entrada ás leiras que hai no seu interior. O ancho medio deste parapeto e duns 5 m., cunha caída cara o e interior de 3 m. na zona máis prominente. Na zona sur non se conserva terraplén nin parapeto, pero é visible unha lixeira elavación do terreo. As labores agrícolas acumularon restos de pedras que puideron proceder da limpeza da superficie das leiras, e o seu interior está valado para o peche das fincas. A caída ao exterior do terraplén tanto nas zonas nas que conserva parapeto como nas que non o conserva, non é moi pronunciada.
A foto da ficha é de Ángel Luís Utrera Baza.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 36020039
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Presas García, Antonio. García Porral, Xoán Carlos. O mundo dos castros:
A comarca de Deza ED. Faro de Vigo, ISBN libro impreso 978-84-616-7983-6
Fichas Arqueolóxicas dos Castros de Agolada. Deputación de Pontevedra
Acceso web http://goo.gl/yBjuMq
pax. 84 e seguintes.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7375096054Lonxitude: -7.98298358917
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Abr 13, 2016
Plano lidar da zona do Castro da Eirexe ou de Ventosa, onde se aprecia a proximidade ao templo parroquial.
Acceso á Ficha Arqueolóxica dos Castros de Agolada. Deputación de Pontevedra
http://www.depodeza.depo.es/documents/11157/29677/Agolada.pdf/5d7bb51d-8ac1-431c-92d2-103d4d438932
pax 84