Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergondo
Parroquia: Lubre (San Xoán)
Lugar: A Viña-Lubre
Outra denominación do ben: Castro de Lubre
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Asentamento fortificado de configuración ovalada situada a uns 65 metros sobre o nivel do mar, cunhas medidas duns 150 metros de L-O por uns 130 metros de N-S que acada unha superficie duns 1,5 ha. O recinto principal é circular cun diámetro de 110 metros. Debeu estar rodeado na súa totalidade por un parapeto que hoxe interrómpese no leste e no sur e, polo norte, a súas defensas consérvanse de sorte. Nesta parte semella que estivo a entrada orixinal. O problema neste castro foi as edificacións de vivendas no recinto principal coas conseguintes remocións de terreo que afectaron ó xacemento. Na parte oeste, o castro está defendido por tres parapetos sucesivos (contando co principal), que se combinan con dous foxos intercalados entre eles, acadando unha altura duns tres metros na parte máis alta e dun metro na súa parte máis baixa. Pola parte exterior do último parapeto, temos unha vivenda co seu valado pegado xusto a esta defensa. Dentro do que cabe, este xacemento aínda pode salvar parte do que foi un fermoso asentamento en épocas non moi lonxanas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3237657535
Lonxitude: -8.27158838532
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84