Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Cidade Vella
Outra denominación do ben: Castelo de San Carlos
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A principios do século XIII, A Coruña estaba comprendida dentro dun perímetro limitado polas actuais rúas de Santo Domingo, Zapatería, Travesía de Porta de Aires, Calello de Ferrerías, Rúa da Maestranza e o seo límite estaba na Casa da Moeda.
Moi preto a este recinto levantouse o castelo, onde actualmente está o Xardín de San Carlos. Este foi construído como castelo defensivo fora das murallas no século XIV e quedaría unido á cidade no século XVI. Pouco a pouco foi perdendo importancia como baluarte e, tras estoupa-lo polvorín que contiña, foi abandoado ata que xa no século XVIII foi recuperado como xardín por don Carlos F. de Croix.
A muralla medieval tiña catro portas: a da Torre no Oeste; a dos Aires ó Norte; a porta do Parrote ó Leste e a porta de San Francisco nas inmediacións do antigo terreo do convento. A muralla medieval estaba flanqueada por torreóns, case todos semicirculares, do que só se conserva un tramo no xardín de San Carlos.
Despois do ataque inglés de 1589, fortificáronse os espazos extramuros da Cidade Alta e levantouse unha muralla irregular con baluartes dende a Audiencia ata os Pelamios, con tres portas, a do Parrote e a do Clavo; esta última hoxendía ben sendo a zona que ocupa a sociedade recreativa A Solana, e a porta do embarcadoiro; coñecida hoxe como de San Miguel, xunto ó antigo Hospital Militar, que daba acceso ó Castelo de San Antón. Había ademáis os portelos de Ferrería, a Dársena, San Benito….
O valor do xardín de San Carlos radica na súa privilexiada situación dende a que se olla, grazas o seu mirador, todo o porto da Coruña, na súa vexetación, e na tumba, un sepulcro plantexado como monumento funerario, do xeneral escocés Sir John Moore, morto na Batalla de Elviña no 1809 loitando mentres defendía o embarco do exército inglés fronte ás tropas napoleónicas francesas do xeneral Soult.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, A Coruña», Volumen VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3687369222
Lonxitude: -8.39073300362
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84