Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Muros / Muros (comarca)
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Caserío Cova do Gato (Lastrado)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
A Cova da Bruxa é un conxunto de petróglifos que conteñen entre as súas gravuras tanto representacións figurativas recoñecibles de cervos, équidos, un cánido e unha figura humana coma outras de carácter esquemático e xeométrico que serían círculos e trazados reticulares. Trátase polo tanto do conxunto máis completo da comarca e tamén un dos de maior superficie, cunha dimensións de 18 m. NO-SL e 8 m. no eixo NL-SO.
O emprazamento está a 280 m. de altitude, con ampla visión do territorio e nunha zona de monte baixo e na confluencia de dúas pendentes, o que provoca que o terreo no lugar do petróglifo recolla auga en tempos de chuvia, a cal baixa e circule a rentes del. No día da visita aos petróglifos, pola zona leste, abrollaba un pequeno fío de auga por un pequeno rebaixe practicado na pedra e que se ía introducindo en tres coviñas de diferente tamaño. Esto está nunha zona da laxe fracturada e o regueiro bordea a laxe principal dos petróglifos por esa zona.
En canto aos gravados é unha das estacións máis interesantes, non só pola extensión, senón tamén pola gama de motivos e a súa complexidade que non parece ter moitos paralelos noutras áreas. No traballo de Josefa Rey Castiñeira e Jorge J. Eiroa García: “Arte de la Edad del Bronce: Los grabados rupestres de Laxe das Rodas y Cova da Bruxa : Actuación arqueológica y revisión interpretativa”, podemos ler que ao incorporar a figura humana e asociar as representacións de fauna con círculos, amplía considerablemente a área de expansión destes motivos cara ao norte, xa que ata entón apenas superaban os límites da provincia de Pontevedra, co cal estabamos ante un certo baleiro, que criamos máis de investigación que real”.
Segundo este traballo podemos considerar que a escena principal é a que está gravada no panel superior da laxe e que representa unha manda de cervos perseguida por unha figura humana armada á que a acompaña un can, cuxa presencia na arte rupestre galega aínda non se tiña sinalado con anterioridade. Tamén se apunta á diferencia de tipoloxía dos cérvidos, dentro dun esquematismo formal, que aparece máis ou menos acentuado e asociándose a signos diversos. Algúns deles aparecen sexuados e un deles en actitudede de emitir un berrido, asociado a unha figura reticular, que podería ter que ver co rito do apareamento.
De entre as combinacións circulares, aquelas nas que se aprecia unhas extensións rectangulares de dobre trazo, nalgúns casos reticulado, poderían poñerse en relación coas representacións idoliformes e, en Cova da Bruxa, parecen ser motivos gravados con posterioridade ás figuras de cervos, xunto a eles nalgún caso, exentas noutros, formando todas elas unha unidade estilística.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15053006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA002.PDF
pax 11
Rey Castiñeira Josefa, Eiroa García Jorge Juan
Arte de la Edad del Bronce los grabados ruprestres de Cova da Bruxa y Laxe das Rodas
(Muros, A Coruña) : actuación arqueológica y revisión interpretativa
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3990220
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8063111875Lonxitude: -9.07260417938
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Abr 18, 2016
Imaxe 3D dos petróglifos de Cova da Bruxa.
Do traballo de Josefa Castiñeira e Jorge. J. Eiroa García
“Arte de la Edad del Bronce: Los grabados rupestres de Cova da Bruxa y Laxe das Rodas (Muros, A Coruña): Actuación arqueológica y revisión intrepretativa”
http://revistas.um.es/apa/article/view/178181
elixiovieites says:
Abr 18, 2016
Calco xeral do conxunto rupestre de Cova da Bruxa, (Muros), en 2008, no traballo anteriormente citado