Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Cadrón (Santo Estevo)
Lugar: Cadrón
Outra denominación do ben: Hórreo de Pallares
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Hórreo mixto de granito e madeira. Poderíamos denominalo coma hórreo de corredor polo secadoiro que leva acaroado á cámara. Está levantado sobre muro de perpiaño e con tornarratos de mesa en todo o seu perímetro, leva dous linteis para facer dous claros na cámara, de doelas de madeira e con unha faixa central. Penais de sillería granítica con sobrepenas, que se fabrican case á metade do tamaño que os dun hórreo normal para facilitar a construción do corredor. Este componse con dous linteis ou columnas que alongan o tellado a modo de beirado e que conforman un corredor para o secadoiro, protexido por varanda de madeira. Leva cuberta de tella do país e nos cumes das sobrepenas unha cruz e un pináculo. Accédese a el por escaleiras de pedra que rematan no corredor.
A fotografía da ficha é cortesía de Daniel González Alén.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://aquamlatam.blogspot.com.es/2008/11/828-hrreos-con-corredor.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7419064969
Lonxitude: -8.05703133345
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84