Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergondo
Parroquia: Guísamo (Santa María)
Lugar: Monte da Fame
Outra denominación do ben: Castro de Guísamo
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro do Monte da Fame sitúase nun alto do Monte Armuño a 189 metros sobre o nivel do mar. Ten forma ovalada cunhas medidas duns 200 metros de NO-SL por uns 218 metros de L-O. Este castro está moi deteriorado, dos oito castro catalogados deste concello, xunto co de Santa Marta de Babío, semella o peor conservado de todos. Construíse unha fábrica de colchóns Flex na metade oeste fai uns corenta anos, danando a metade do xacemento. Este linda ó oeste coa N-VI, ó sur cunha empresa de maquinaria industrial e polo Norte e leste, cunha masa arbórea mixta de eucaliptos, pinos, carballos e bidueiras xunto con toxos e xestas. A metade leste do xacemento podería recuperarse pero a presión urbanística e industrial que o cingue fai que teña un futuro máis que incerto. Aínda podemos ollar as súas defensas en formas de terrapléns polo norte e leste que poden acadar ata unha altura duns 4-5 metros pero, nesa metade do castro non podemos describir máis posto que a vexetación “selvática” que hai, fíxonos imposíbel a súa entrada a esa zona.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalEquipamentoInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta: GA15008003
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3069520185
Lonxitude: -8.27311098587
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84