Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Artoño (Santalla)
Lugar: Buxel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro está situado a 514 m. de altitude e na cima dun outeiro que domina o rego de Pumariños. Está constituído por un recinto defendido por un terraplén, agás na zona norleste onde parecen conservarse restos dun parapeto. Nesta misma zona aparecen afloramentos rochosos que ocupan tamén parte da zona central que está cuberta de vexetación. O recinto é de forma case circular e mide uns 60 m. de diámetro no interior e uns 80 m. no exterior. É algo máis alargado no eixo L-W. Polo lado leste, segundo Antonio Presas, posiblemente existira un antecastro bordeado por un terraplén, pero resulta difícil de precisar.
Na ficha do inventario (Carballo, 1987) afírmase que foron localizados alí catro machados de pedra pulida, anacos de tégulas, tres fusaiolas de pedra, muíños circulares e cerámica castrexa. Un dos machados está depositado no Museu de Pontevedra co num. de rexistro 4.567.
Foto da ficha: Angel L. Utrera Baza.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA36020033
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Filgueira Valverde J.: García Alén A. (1954-56) “Materiales para la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra”. El Museo de Pontevedra, TVIII. Páx.133
(1987) “Ficha de inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia”.
Carballo Arceo. L.X . (2001) A Cultura Castrexa na Comarca de Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín: Patronato Cultural de Lalín, Seminario de Estudios de Deza, Concello de Lalín. Páxs: 93, 119, 318, 319 e 362.
Presas García, Antonio. García Porral, Xoán Carlos. O mundo dos castros:
A comarca de Deza ED. Faro de Vigo, ISBN libro impreso 978-84-616-7983-6
DEP. LEGAL PO-8 2014
Castros de Agolada Deputación Pontevedra
Acceso web http://goo.gl/kJL8c7
http://ospendellos.blogspot.com.es/2016/04/castro-de-buxel-agolada.html
Plano de pendentes (CDIX) da zona do castro de Buxel.
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0122A-0402.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Na zona leste foi cortado pola construción dunha pequena granxa, e foron instaladas sendas torretas eléctricas nas zona norte e sur do castro.


Onde está localizado

Latitude: 42.8056578691
Lonxitude: -8.02380681038
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84