Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: San Xurxo de Vea (San Xurxo)
Lugar: Trascastro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado nun outeiro a unha altitude de 166 m. e a 500 en liña recta da marxe esquerda do río Ulla. Ao oeste, a 120 metros, pasa un regueiro que vai a desembocar a súa canle e que configura unha valgada de acusadas pendentes por esa banda. Componse dunha croa elevada sobre outro recinto máis grande e de forma ovalada que acada uns 185 metros de leste a oeste e 125 de norte a sur. Está defendido por terrapléns, ao igual que a croa que se eleva no seu interior e que pode acadar unhas medidas de 57 metros norte-sur e 84 leste-oeste. No seu interior podemos ver afloramentos rochosos na zona norleste. Son máis acusadas as pendentes dos terrapléns pola zona sur, pois esta é a parte máis vulnerable do recinto. E difícil apreciar outras estruturas, pois está poboado de carballos, eucaliptos e piñeiros. Está a 500 metros en liña recta ao norte do Castro de Outeiro.
Este castro foi localizado durante a realización dun traballo para a posta en valor do patrimonio castrexo da Estrada, do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico, vinculado á facultade de Historia da USC, e o Concello da Estrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Plano do Pxom da Estrada do ano 2013 onde non aparece o castro como solo de protección
do Patrimonio. Estaría ao norte do lugar de Trascastro
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777pb009.JPG

Plano de pendense onde se aprecian os dous castro, Trascastro e Outeiro.
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0120A-0805.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7419537736
Lonxitude: -8.55068922043
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84