Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Cruceiro,
Concello: A Coruña (comarca) / Culleredo
Parroquia: O Castelo (Santiago)
Lugar: Folgueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A capela da San Ramón do Castelo, sitúase no comezo da subida ós Montes do Xalo, dende a súa cara leste, dende Tabeaio. Pertence ó lugar de Folgueira, concello de Culleredo.
É unha capela de feitura sinxela, de planta rectangular, de aproximadamente 11×7 metros, orientación oeste-leste. Descoñécese a cronoloxía da capela, pero poida remontarse denates do século XVIII.
Os muros son de pedra granítica, de cachotería nas partes nobres das esquinas, xambas ou linteis, quedando ocultas polo enlucido de cemento e pintado en cor branco as partes que supostamente executadas en mampostería; característica dunha arquitectura relixiosa local. Presenta unha porta e pequena fiestra abocinada riba dela. Como elemento máis salientábel, dada a sinxeleza da capela, é a disposición dunha pequena campá na fachada principal. Amosar unha feitura parecida á capela de San Xoán de Aquelabanda, na veciña parroquia de Sarandóns.
A capela ubícase nun conxunto rural fermoso, e os arredores atópase ben conservados e coidados, dispoñéndose dun área de lecer. Nembargantes non se respeta ó conxunto, polo que respecta ó colorido de mobiliario urbán (papeleiras, xogos infantís), nin polos tendidos eléctricos ou farolas azuis que rodean o conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: non catalogado
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Celébranse no derradeiro fin de semán do mes de agosto as festas do San Ramón, patrón da parroquia, coincidindo coa súa festividade, o 31 de agosto, día do San Ramón. O día grande é o venres coa celebración dunha gran churrascada popular, http://www.festascastelo.com/sanramon.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Na magna obra de “Geografia general del Reino de Galicia, La Coruña”, Volume 5, ( Francesch Carreras y Candi, Uxío Carré Aldao) fáise referencia á capela, e á importancia das festas do patrón San Ramón, nela indícase as seguintes referencias:
“Dista 7 kilómetros de la Coruña, tanto por ferrocarril como por carretera. En el siglo XVIII se celebraba una feria anual el día de San Ramón, a la que sólo se llevaba ganado vacuno”, ( pax.747); “Se celebra la fiesta de San Ramón el 31 de Agosto. Es muy concurrida por los ofrecimientos al santo de las embarazadas y de los que padecen úlceras. Tiene una capilla de aquella advocación que tan sólo se abre ese día”, (páx.753); “Se celebran ferias los días 10 y 26 de cada mes y la fiesta de San Ramón en Agosto”, (páx.855).
Estes ofrecementos son posto que San Ramón é o Patrón de las parturientas. Segundo a lenda, San Ramón, nado en Barcelona aló polo ano 1200, leva tamén o sorenome de non natus (non nacido), xa que a súa nai morreu no parto antes de que o neno saíse ó mundo.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2375387641
Lonxitude: -8.38783219457
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84