Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Moaña / Morrazo (comarca)
Parroquia: Tirán (San Xoán)
Lugar: O Con
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Capela pertencente ao Pazo do Real (http://patrimoniogalego.net/index.php/85894/2016/05/pazo-real/), feita a base de perpiaño granítico concertado. Posúe planta rectangular e teitume a dúas augas con remates en pináculos.
Na fachada principal, a única que aparece encalada, podemos ver a porta de acceso. Por riba dela un pequeno escudo con coroa coas armas do Marqués de Méndez Núñez. Máis arriba un ocelo con derrame interno da paso a unha espadana dun só oco que remata en cruz pétrea e pináculos de bóla nos extremos.
Nesta capela estiveron soterrados os restos do Almirante Casto Méndez Núñez ata o ano 1883, entre maio e xuño, cando Afonso XII mandouno trasladar ao panteón de Mariños Ilustres de San Fernando (Cádiz).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.concellodemoana.org/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=26
(Ficha de elementos arquitectónicos nº 4. PXOM ano 2010)
http://www.atlantico.net/articulo/area-metropolitana/estado-ruinoso-pazo-real-preocupa-moana/20120510070035179352.html
http://bibliomoana.blogspot.com.es/2014/06/granxa-salgadeira-e-pazo-do-real-por.html
http://blog.todoavante.es/?p=37

BIBLIOGRAFÍA
Landín Carrasco, Amancio(Coronel Auditor de la Armada). MÉNDEZ NUÑEZ, DE CARNE Y HUESO. Cuadernos monográficos del Instituto de Historia y Cultura Naval, Nº 22. Madrid, 1993 (http://www.armada.mde.es/ArmadaPortal/page/Portal/ArmadaEspannola/mardigital_revistas/prefLang_es/04_cuadernosIH?_pageNum=5&_pageAction=goTo)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2758989273
Lonxitude: -8.73670041561
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84