Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Padrón / Sar (comarca)
Parroquia: Herbón (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa da segunda metade do século XII que foi mandado construír polo Bispo Xelmírez. Consta dunha soa nave de planta rectangular e de considerable altura que posúe contrafortes para reforzar os muros. Leva sancristía acaroada ao muro norte e o tellado vai a dúas augas con cuberta de tella curva . Amosa na fachada unha portada con tres arquivoltas peraltadas, a superior con arcos lobulados e as outras con molduras e adornos xeométricos, sobre seis columnas acobadadas flanqueadas por dous ocos con arcos cegos semicirculares. No tímpano vai a figura en pedra da Virxe sobre peaña de ferro. A porta está alintelada con mochetas de arco. Na parte superior leva unha ventá flanqueada por columnas, arco de medio punto e con pequeno tímpano, riba dela, un campanario de dous ocos con arco de medio punto para albergar as campás e coroado cunha cruz de pedra no cume.
Na entrada sur, amosa unha porta que está enmarcada por arquivoltas semicirculares de molduras resaltadas apoiadas en dous pares de columnas con decoración vexetal nos capiteis, no tímpano hai unha cruz moi gastada pola erosión da pedra.
No beirado do tellado leva canzorros sostendo a cuberta con figuras de diferentes motivos, xeométricos e figurativos, e unha inscrición do s. XII nun dos muros.
A cabeceira do templo consta de presbiterio amplo, no que abre óculo no seu lado meridional. Por diante, o cilindro absidal divídese en tres lenzos por medio de dous semicolumnas encostadas que alzan sobre podio de dúas fiadas do mesmo xeito que o zócalo e que alcanzan a cornixa por medio de capiteis Unha imposta biselada continúa os cimacios dos vans por todo o cilindro absidal. Cada un dos lenzos está centrado por ventá refundida e con van a modo de seteira, decorado con arquivoltas con adornos de bólas e axedrezados. No do medio podemos ver os capiteis con figuras de aves e grifos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7347042572
Lonxitude: -8.62807631493
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84