
Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Leiro (Santa María)
Lugar: Abuín
Outra denominación do ben: Aldea maldita de Abuín // Aldea de Abuín de Abaixo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Ao carón da aldea de Abuín consérvase un pequeno grupo de casas feitas en cachotería irregular granítica, todas elas cubertas pola maleza.
Aínda que a súa datación é difícil de definir, posiblemente sexan dos séculos XVIII e XIX.
O máis salientable deste lugar son as numerosas lendas que existen e falan da aldea “maldita”.
A prensa dixital do 31 de xullo de 2019 recolle a nova de declarar BIC a todo este conxunto. (ver referencia bibliográfica)
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Este lugar acolle numerosas lendas que explican o seu despoboamento. Aínda que a máis probable fora a chegada dunha epidemia ou praga que decimara a poboación, tamén se fala dun ataque por parte dos viquingos.
Pero a lenda que ten máis peso fala dunha maldición por causa do tesouro que os veciños roubaran no mosteiro da Armenteira e que despois lle deron ao cura para que o escondese.
O cura morreu esa mesma noite e, pouco despois, foron detrás numerosos veciños. Aínda que intentaron recuperar o tesouro para devolvelo ao mosteiro, e así librarse da maldición, nunca máis foi localizado e os poucos que sobreviviron decidiron fuxir do lugar. Contan que o tesouro está soterrado baixo unha das casas que aínda conserva parte da súa estrutura e que antigamente fora a capela.
Outra variante desta lenda di que o cura soterrou un cáliz roubado na igrexa de Leiro e que a maldición recaerá sobre quen o atope.
Castelao tamén recolleu varias lenda, como a da “A aldea esquecida”, unha historia que lle contara a súa avoa:
… “Cando volvín á casa escoitei de miña avoa a hestoria da aldea esquecida.
— Foi que os do lugar, armados ladróns, roubaron o mosteiro de Armenteira.
Agardando o intre do reparto da riqueza, o capitán enterrouna en sitio segredo; mais ó seguinte día o capitán apareceu morto no seu leito e nunca máis se soubo do tesouro.
Dende aquela todas foron desgracias. Morrían as xugadas, merábanse os froitos, morrían entangarañados os rapaces, secábanse as fontes. Para escorrenta-lo mal fado ergueron cruceiros a eito.
De nada valeu nada. No remate sóubose todo e aínda hoxe o lugar está illado das xentes de ben”.
Tamén Castelao no relato “Camiño esquecido” recrea outra moi parecida:
“Aquela “verea vella” turraba por min e, cando me fixen home, arrisqueime a pasala. E máis alá da medoñenta congostra topeime cunha aldea sen xente”.
Historia recente do ben:
A inicios do mes de febreiro de 2018 unha tala dos eucaliptos que invadían a zona fai unha desfeita nas poucas edificacións que quedaban en pé (ver referencia bibliográfica).
Outra tala realizada no mes de xullo de 2019 afecta ao conxunto de Abuín (ver referencia bibliográfica).
Referencias bibliográficas:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2012/08/07/contos-novos-e-vellos-na-aldea-abandonada-de-abuin/
http://omarfeitotradicion.gal/aldea-maldita
A Aldea Maldita de Abuín
http://www.galizeando.com/2015/10/abuin-aldea-maldita.html
http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=51&recurso_id=2683
http://www.galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=20&id=1827
https://gl.wikipedia.org/wiki/Abu%C3%ADn,_Leiro,_Rianxo
http://www.manuelrivas.com/cousas/camino-esquecido/
https://www.youtube.com/watch?v=SY-vkJc5LnE
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2018/02/17/ultima-mirada-span-langglaldea-esquecidaspan/0003_201802B17C3992.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2018/02/28/concello-rianxeiro-busca-proteger-ruinas-span-langglaldea-esquecida-tras-talaspan/0003_201802B28C3991.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/rianxo/2019/07/29/nueva-tala-dano-varias-construcciones-aldea-esquecida/00031564399691126382836.htm?fbclid=IwAR0RV8rD4zPhyWeogFaQykn4QaZc5V8E8R_CBdEGBGxUO9D2ouVSCQOjgLc
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/nova-tala-eucaliptos-volve-danar-aldea-maldita-abuin/20190730113719082598.html
https://nostelevision.gal/unha-tala-de-eucaliptos-volve-danar-a-aldea-maldita-de-abuin/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/rianxo/2019/07/31/lucha-blindaje-aldea-span-langglesquecidaspan-rianxo/0003_201907B31C4991.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.644599765Lonxitude: -8.78976389766
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






1 comentario
Xabier Moure says:
Mai 6, 2016
Hai nada que andivemos por Rianxo, mágoa de non saber disto. Moi interesante.