Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Couso (Santa María)
Lugar: Couso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro, situado na marxe esquerda do río Ulla, aproveita a esquina oeste dun meandro da súa canle, tendo o seu punto máis alto a 67 metros de altitude. Está a uns 700 metros en liña recta da ponte medieval que atravesa este río por Pontevea e que separa as provincias da Coruña e Pontevedra. Ten unha croa que sobresae dun recinto aterrazado que circunda un outeiro. Esta superficie achanzada de forma case triangular adáptase a topografía do terreo e tería unhas medidas dende o seu vértice NL ao terraplén SO que dá cara o río duns 115 m. A superficie elevada ou croa, tamén de semellante forma, tería uns 50 m. de lado e na zona SO compartiría as fortes pendentes cara o Ulla co terraplén da anterior.
Na outra banda do río, cara o norte, estaría o castro das Valiñas, no concello de Teo e a uns 300 m. en liña recta.
Atópase a día de hoxe moi inzado de maleza, sobre todo a croa, e nos terrapléns defensivos medran carballos.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36017019
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Ficha no PXOM da Estrada do ano 2013 (pax 22 do pdf)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777ca001.PDF
Plano do PXOM da zona de Couso. Castro de Couso como Solo Rústico de Protección de Patrimonio (SRPP)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777pb003.JPG


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7570568363
Lonxitude: -8.55816721916
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84