
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Pazos de Rei (O Sagrario)
Lugar: Monte Aloia - Frinxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Capela feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado, de planta rectangular cunha soa nave e teitume a dúas augas. Os muros laterais presentan contrafortes.
A súa fachada principal presenta porta de aceso con arco de medio punto dovelado. Aos laterais podemos ver dous bancos de pedra. Por riba da porta aparece un pequeno brasón coas armas do bispo Antonio Fernández del Campo Ángulo y Velasco.
O conxunto remata nunha pequerna espadana dun so oco, cun fermoso reloxo de sol nun dos seus laterais
O bispo Antonio Fernández foi o responsable da reedificación desta capela no ano 1652. A obra fíxose sobre a cimentación e os restos de outra anterior de época incerta.
Entre 1669 e 1671 a capela estivo baixo a custodia de ermitáns que se trasladaron a vivir á cima do Monte Aloia.
O culto a San Xulián, talla pétrea do século XIII é antiquísimo, sendo a primeira noticia escrita que se conserva unha do ano 1095, consistente nunha doazón de D. Ramón de Borgoña e a súa Muller dona Urraca, condes de Galicia á sé tudense.
Noutro documento do ano 1169, o rei Don Alfonso de Portugal fala deste lugar e as reliquias do mártir: “Ad montem Aloiae ubi fuit civitas antiquitus condita, et ubi asservantur Reliquiae S. Juliani”.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA103.PDF (Páxina 3)
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/03/07/o-monte-aloia-un-enigma-amurallado-de-3200-metros/
http://www.galiciamaxica.eu/pontevedra/comarca-do-baixo-mino/tui/montealoia/
http://www.cronicasdelaemigracion.com/opinion/isaac-otero/romeria-san-xulian-monte-aloia-tui/20101216134055026687.html
http://pdf.depontevedra.es/ga/103/fWauyaRccV.pdf (Páxinas 38 a 40)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0848051208Lonxitude: -8.68009507656
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Abr 23, 2018
Fotografía do interior da capela.
Oscar Franco says:
Abr 23, 2018
Fotografía do brasón coas armas do bispo Antonio Fernández del Campo Ángulo y Velasco.