
Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Deza (comarca) / Silleda
Parroquia: Escuadro (San Salvador)
Lugar: Sestelo
Outra denominación do ben: Castro de Sestelo
Cronoloxía: Descoñecida, Idade do Ferro,
Descrición:
Segundo o catálogo de PXOM de Silleda do ano 2012 o asentamento é un outeiro ou coto de forma cónica bordeado de fortes pendentes que puidese ter unha función defensiva, e no tercio leste observaríanse restos dun posible foso. Por outra banda nas Fichas Arqueolóxicas dos Castro de Silleda elaborado pola Deputación de Pontevedra, ano 2012, lemos : “Pequeno outeiro duns 45 m. de diámetro, no que non se aprecian estruturas defensivas nin superficies niveladas artificialmente. No voo Americano de 1956-1957 tampouco se observan restos de estruturas nin recintos”.
“Exemplo de xacemento de difícil catalogación, xa que non existe a certeza de que sexa un castro. Só temos un topónimo e a referencia nun antigo achado”.
O que podemos engandir e que estaría nun contexto onde existen outros asentamentos medievais catalogados, con función de vixilancia e control, como o Coto do Castelo de Rellas na aldea de Torrevedra e ao carón do río Toxa, e o Castelo no lugar de Férveda, nun esporón sobre a zona onde se xuntas os regueiros de Escuadro e Férveda. Tamén se dubida na catalogación de outros asentamentos en pequenos cotos como pertencentes á Idade do Ferro e que serían por esta zona o existente en Torrón (ao norte do pazo de Cascaxide). Existe, segundo os mapas, un topónimo Cubela ( este topónimo significaría torre de vixilancia) e estaría na contorna do castro de Cascaxide.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoAgrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA36052087
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://silleda.es/PXOM/Parroquias/10%20Escuadro/Cat%E1logo/1147b.pdf
http://silleda.es/PXOM/Parroquias/10%20Escuadro/Cat%E1logo/1147.pdf
http://www.depodeza.depo.es/documents/11157/29697/Silleda.pdf/23030435-7961-47ce-933e-740cc0b96ef3
Pax. 200 e seguintes
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6828139736Lonxitude: -8.30223083496
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Mai 6, 2016
Banda leste do asentamento por onde estaría o posible foso, hoxe pasa un camiño cara os prados