
Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Deza (comarca) / Silleda
Parroquia: Escuadro (San Salvador)
Lugar: Torrón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade do Ferro,
Descrición:
Pequeno outeiro que sobresae nunha ladeira, a 495 m. de altitude, no que non se observan estruturas defensivas e polo tanto non se poden precisar as súas dimensións; no lugar aprareceron restos de cerámica castrexa por mor das obras de cimentación dunha edificación. Nas Fichas Arqueolóxicas dos Castro de Silleda elaboradas pola Deputación de Pontevedra, ano 2012, descríbese como exemplo de xacemento de difícil catalogación, xa que non existe a certeza de que sexa un castro. Neste traballo podemos ler: “Só temos un topónimo, aínda que hai abundantes indicios (folclóricos, arqueolóxicos, toponímicos) que nos poden facer pensar na existencia dun xacemento arqueolóxico, non necesariamente castrexo”.
No Pxom de Silleda do ano 2012, noutra ficha que se corresponde coa contorna suroeste deste outeiro, localízase o asentamento chamado Chousas da Latiza, e dá conta do achado de pezas dun muíño circular de man.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícolaOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA 36 052 084
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://silleda.es/PXOM/Parroquias/10%20Escuadro/Cat%E1logo/1145.pdf
http://silleda.es/PXOM/Parroquias/10%20Escuadro/Cat%E1logo/1145b.pdf
Fichas Arqueolóxicas dos Castro de Silleda. Deputación de Pontevedra
http://www.depodeza.depo.es/documents/11157/29697/Silleda.pdf/23030435-7961-47ce-933e-740cc0b96ef3
pax. 184 e seguintes
Ficha das Chousas de Latiza no PXOM de Silleda na banda suroeste do Outeiro.
http://silleda.es/PXOM/Parroquias/10%20Escuadro/Cat%E1logo/1149.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O asentamento está moi degradado por explotacións gandeiras. Extraccións mineiras. Lixo e entullo colmatando a superficie mineira e construcións.
Onde está localizado
Latitude: 42.7009197953Lonxitude: -8.31673622131
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Mai 25, 2016
Acceso á documentación da bibliografía desta ficha. Coto de Torrón
http://silleda.es/PXOM/Parroquias/10%20Escuadro/Cat%E1logo/1145.pdf
http://silleda.es/PXOM/Parroquias/10%20Escuadro/Cat%E1logo/1145b.pdf
Fichas Arqueolóxicas dos Castro de Silleda. Deputación de Pontevedra
http://www.depodeza.depo.es/documents/11157/29697/Silleda.pdf/23030435-7961-47ce-933e-740cc0b96ef3
pax. 184 e seguintes
Ficha das Chousas de Latiza no PXOM de Silleda na banda suroeste do Outeiro.
http://silleda.es/PXOM/Parroquias/10%20Escuadro/Cat%E1logo/1149.pdf
Oscar Franco says:
Mar 14, 2017
Que alguén mo explique !!! :
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2017/02/25/juzgado-archiva-danos-castro-torron/1630261.html