Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Borraxeiros (San Cristovo)
Lugar: A Ermida
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado a 595 m. de altitude e nunha zona moi chan a 150 ao sur da pequena valgada que fai o rego de Espiño ao seu paso polo lugar da Ermida. A 750 m. ao leste está o Monte das Mámoas, con tres túmulos aínda moi visibles no terreo. Ten as súas estruturas practicamente irrecoñecibles e estaría formanda por un recinto ovaldo cunhas medidas duns 90 m. no seu eixo leste-oeste e 60 m. no norte-sur. Formando parte deste recinto habería, cara ao suroeste e sur, un terraplén. Atendendo a información da ficha do traballo “Fichas Arqueolóxicas dos Castros da Agolada” do ano 2012. Na prospección realizada non foi posible recoñecer o recinto citado. Si se observou un tramo, duns 20 m. con caída de 1,5 m., dun pequeno terraplén que, debido á espesa vegetación, non se puido determinar.” Segundo os datos de inventario: “El topónimo Castro de Lagares, conocido y situado por diferentes informantes del lugar, aparece claramente desplazado de su ubicación actual unos 200 m. al SW” (Acuña, 1992). Nos datos do catastro aparece o topónimo Castro a uns 230 m. cara ao norleste.
Foto: Angel L. Utrera Baza.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Presas García, Antonio. García Porral, Xoán Carlos. O mundo dos castros:
A comarca de Deza ED. Faro de Vigo, ISBN libro impreso 978-84-616-7983-6
Dep. Leg PO-8 2014
Fichas Arqueolóxicas dos Castros de Agolada. Deputación de Pontevedra.
http://www.depodeza.depo.es/documents/11157/29677/Agolada.pdf/5d7bb51d-8ac1-431c-92d2-103d4d438932
pax. 110 e seguintes
Plano de pendentes da zona do do Castro de Lagares.(CDIX)
Onde se aprecián ao leste do castro as mámoas do Monte das Mámoas.
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0122A-0503.pdf
http://ospendellos.blogspot.com.es/2016/05/castro-delagares-ermida.html?spref=fb


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está moi alterado polas labores agrícolas ao longo dos anos


Onde está localizado

Latitude: 42.7861732164
Lonxitude: -8.00541758537
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84