Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: Taboexa (Santa María)
Lugar: Covalagarto
Outra denominación do ben: Cruceiro das Bugalleiras
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre un pedestal de grandes dimensións (247 X 220 X 109 cms.) feito a base de perpiaños graníticos irregulares. A súa base cadrada, coas arestas achafranadas, posúe varias inscricións que din o seguinte:
“AÑO D 1859 D A C”.
O varal, que nace en sección cadrada e continúa en cilíndrica, dá paso a un capitel con colarino e remates en volutas. En tres das súas caras aparecen anxos, e na restante podemos ver o que semella o fuciño dun porco.
O conxunto remata nunha cruz tipo latina na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe co Neno no colo no reverso.
A inscrición “D A C” que podemos ver na base poderían corresponder con Don Antonio Carrera, cura que viviu na casa anexa e que, posiblemente, mandara facer o cruceiro.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360341106.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (2007). AS NEVES: CRUCES, CRUCEIROS E PETOS. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1446926289
Lonxitude: -8.44094637141
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84