Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Camposanto,
Concello: Muros / Muros (comarca)
Parroquia: Tal (Santiago)
Lugar:
Outra denominación do ben: Igrexa de Tal
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Con planta de cruz latina, trátase dunha construción moi sinxela. O campanario foi incorporado no ano 1697 nunha fachada de corte neoclásico. No interior conta cun pequeno coro e unha sancristía engadida na parte posterior do presbiterio, de menor altura dado que o corpo da igrexa é todo da mesma altura. No exterior, nos lados e na parte traseira atópase o camposanto parroquial.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Contan os veciños que a imaxe de Santa Catalina que se atopa no interior foi traída da ermida desaparecida da illa do mesmo nome.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son
José Ramón Soraluce Blond . Xosé Fernández Fernández
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA011.pdf
pax. 13


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7875223162
Lonxitude: -9.0008443594
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84