
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: San Xurxo de Vea (San Xurxo)
Lugar: Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro situado a 160 metros de altitude nun outeiro que sobresae das terras da contorna. Presenta un recinto de forma case circular duns 100 metros de diámetro dentro da croa. Esta vai defendida por terrapléns e parapetos. No sector norte hai unha gran elevación conformada por afloramentos graníticos en dirección leste-oeste e que suporía unha defensa natural na ladeira norte. Na parte exterior sueste existe un recinto defendido e que podería ser un antecastro, chega a ter 60 metros de lonxitude na parte máis ampla, e por onde se aprecia unha entrada á croa.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36017044
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777ca001.PDF
pax. 47
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7376199255Lonxitude: -8.546397686
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Mai 19, 2016
Acceso á ficha do Castro de Outeiro no catálogo do PXOM da Estrada do ano 2013
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777ca001.PDF
pax. 47