Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ribeira
Parroquia: Olveira (Santa María)
Lugar: Olveira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Xerardo Agrafoxo, no pequeno libro “Asentamentos Castrexos no partido Xudicial de Noia”, refere o que dicía Carré Aldao do Castro: “..a acrópole é defendida por dous parapetos concéntricos que se ergueron nas pendentes do monte e atópanse totalmente cubertos de toxos, por iso o seu estudo faise dificultoso. E un dos xacementos mellor defendidos da bisbarra barbanzónica, pois, xunto cos dous parapetos, hai unha subida ao alto nada doada..”. A maleza que se describía segue igual, agora pódese chegar en coche subindo por unha moi forte pendente, case perigosa, só se poden ver uns restos de cachote cerca do cume do monte, e adiviñar os parapetos arredor do depósito monte abaixo. Foron instaladas unhas antenas de control marítimo e supoñemos que non houbo un estudo previo do castro pois o impacto é brutal. Tampouco se pode descartar que fora reutilizado en outras épocas como atalaia de vixilancia dada a espectacular vista que se pode acadar desde o seu cume.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Xerardo Afragoxo Pérez. Asentamentos Castrexos no Partido Xudicial de Noia. Colexio Público Cernadas de Castro. A Silva Lousame, 1981
Carré Aldao, E.:Geografía General del reino de Galicia. TomoII. Paxs.583 e 584. Barcelona-
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2006/12/25/como-se-borra-o-pasado-o-castro-do-monte-taume/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/RIBEIRA/documents/0347PB007.jpg (plano do monte onde se sitúa)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA007.pdf (pax 6 cara abaixo)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.60392590147003Lonxitude: -9.045149087905884
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Out 27, 2011
Acudindo ao PXOM (2002)vixente en Ribeira, publicado na web de Planeamento Urbanístico da Xunta, observamos que no listado de documentos non aparece un catálogo; desplegando o contido da normativa, atopamos no Título XI “Normas particulares” o capítulo 2 “Patrimonio cultural”, onde non aparece nin listado nin fichas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBEIRA/documents/0347no112.pdf
acudimos entón ás Normas Complementarias e Subsidiarias provinciais e vemos que o Castro do Taúme está inventariado:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo//GALICIA/documents/CORPA007.pdf