Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Cotobade / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Tenorio (San Pedro)
Lugar: Covas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa é de orixe románica do que só se conserva o rosetón, un Agnus Dei no remate da cabeceira e parte do muro. Hoxe amosa fachada barroca con porta alintelada e espadana de dobre vano. Ten planta basilical. A capela ten cuberta con bóveda de canón, liña de imposta e arco triunfal sobre pilastras caixeadas. A nave ten catro tramos con bóveda de canón de madeira, arcos faixóns sobre columnas apoiadas en pedestais. Existe unha sacristía con bóveda plana acaroada a dereita.

Acaroado á igrexa, atópanse as dependencias monacais con forma de “U”, cun piso superior e un claustro renacentista con fonte. Na fachada podemos ver a porta renacentista de acceso que presenta un balcón, un escudo de factura máis moderna e un frontón que remata o conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: RI.000031279
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
BANGO TORVISO, Isidro Gonzalo: “Arquitectura románica en Pontevedra”. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña 1979. ISBN 84-300-0847-0.

PONCE COUCE, Leandro; SÁNCHEZ GARCÍA, Jesús A: “Galicia, Guía do Patrimonio Arquitectónico”. Vía Láctea Editorial. Oleiros. 1998. Páx 360. ISBN: 84-89444-50-1.

ENLACES WEB
“N.S.P. 25/02/1997. Patrimonio Arquitectónico”. Concello de Cotobade. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COTOBADE/documents/0770CA002.PDF (Pax. 17)

http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4662298451
Lonxitude: -8.55242192745
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84