Outra fotografía:

Tipo de ben: Faro,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Montelouro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O proxecto deste faro redactouse en 1860 e consiste nun pequeno edificio de planta rectangular de 11 x 10,20 metros; a torre é troncopiramidal de sección hexagonal e cunha altura de 5,30 metros, coroada por un balconciño lixeiramente voado sobre o que descansa o torreón cilíndrico que, a súa vez, soporta a lanterna poligonal de 1,60 metros de diámetro con cristais planos e montantes verticais. Os traballos finalizáronse en 1861. O seu aparato luminoso é unha lámpada de émbolo que utilizaba como combustible aceite, posteriormente substituída por unha de petróleo. A torre é hexagonal, da cor clara do granito do que está construída, e a lanterna octogonal branca; está unida á habitación dos fareiros. “ACENDIDO O 15 DE XULLO DE 1862.” Por aplicación da reforma do Plan de 1902, realízase un proxecto de reforma do aparato, acoplándolle un xogo de pantallas xiratorias accionadas por unha máquina de reloxería. Así permaneceu ata o 18 de abril de 1949 no que se substitúen a lámpada Maris por un sistema de acetileno que co tempo se lle cambiou, esto significou a supresión do persoal que o atendía, agregándoselle o servicio ó de faro de Rebordiño, onde se situaría a residencia do técnico. Actualmente encóntrase electrificado con utilización de enerxía fotovoltaica subministrada por seis módulos de 75 W/p. Reforma esta realizada a principios do ano 1993.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://baliza.portel.es/ap_puertos/arosa/senales2.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.739232809
Lonxitude: -9.07873034477
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84