Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Moaña / Morrazo (comarca)
Parroquia: Tirán (San Xoán)
Lugar: A Carrasqueira - Vilela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce, Idade do Ferro,
Descrición:

Este petróglifo atópase ao carón da porta principal de acceso da ermida dos remedios.
O gravado, que representa unha serpe, aparece sobre unha pedra granítica cunhas dimensións de 90X80 cms.
Este petróglifo atópase na croa do Castro dos Remedios (http://patrimoniogalego.net/index.php/86588/2016/05/castro-dos-remedios/), e ao carón da ermida dos Remedios (http://patrimoniogalego.net/index.php/86592/2016/05/ermida-da-virxe-dos-remedios/)

Nos primeiros anos da década dos 70 do século XX chegouse a un acordo co cura para retitar as pedras que estaban fronte a porta da capela xa que eran un estorbo para o aceso á capela e entrada da procesión das imaxes que ahí soben o Domingo de Pascua dende a igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/7068/2011/10/igrexa-de-san-xoan-de-tiran/).
As citadas pedras formaban parte dun semicírculo. Cando as quitaron foron levadas por un veciño para facer un muro na súa propiedade. Ao coñecer este feito, o Grupo Arqueolóxico do Morrazo exixiu que se devolvesen as pdras. Unicamnte se devolveu a Pedra da Serpe a cal se colocou no mesmo sitio, pero unha das Comisions da Festa acordou movela de novo para a súa ubicación actual.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36029034 // RI.000032497
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Na noite de San Xoán, despois de apagarse as fogueiras aparecía alí unha muller vella cunha caiada na man, sentada na pedra que hai diante da capela de Virxe do Castro. Se alguén se achega, a muller desaparece. Quen quixo saber dela e foi ver ó día seguinte atopou unha serpe dando voltas arredor da ermida. Disque foi esta muller a que matou a serpe que se ve na pedra.

Tamén se di que a serpe se convirte en bruxa, e que desaparece cando se achega alguén, e que a noite de San Xoán son bruxas, ¿ou mouras?, as que andan arredor da ermida pero ó amencer xa non están.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MOANA/documents/27581ca008.PDF (Ficha 34 – Páxina 16)
http://www.concellodemoana.org/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=26
(Ficha de elementos arqueolóxicos nº 34. PXOM ano 2010)

http://www.galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=5&id=118

https://www.facebook.com/groups/CruceirosGalicia/posts/1858898054293662


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

No día da visita o gravado serpentiforme estaba pintado de vermello.


Onde está localizado

Latitude: 42.2713002326
Lonxitude: -8.75620275736
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84