Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cotobade / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Corredoira (San Gregorio)
Lugar: Pedra Picada, A
Outra denominación do ben: Cruceiro de Pedrapicada
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro sobre plataforma de planta cadrada con tres chanzos. Sobre ela, baseamento cúbico coas arestas superiores rebaixadas. Atopamos dous epígrafes: un na faceta do reverso no que inda se pode ler no anverso
AÑO DE 1— ( ano de ?)
Non sendo posible interpretar a data. O segundo está na faceta rebaixada no anverso inda que algúns dos caracteres no son lexibles pero inda se diferencia o seguinte:
ELA_ION__
Podería ser que faceta plana do anverso (polo lado do Cristo) houbera outra inscrición do que inda puidera verse un ‘S’.
O varal é de sección cadrada no inicio pasando a ser oitavado para rematar nun collarino octogonal. O capitel amosa un capitel con volutas de labra rústica, case que do mesmo tamaño que do equino que vai enriba. A cruz é sinxela e con imaxes, un Cristo no anverso e unha virxe no reverso, que inda a pesar de estares cubertos por unha grosa capa de musgo inda pode verse que son labras populares con falta de proporcionalidades nas extremidades.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“N.S.P. 25/02/1997. Petos de Ánimas e Cruceiros”. Concello de Cotobade, 3-3-1997. Ficha 50. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COTOBADE/documents/0770CA007.PDF
García, Miguel; Jar Ramos, Antonio. “Cruceiros e petos do concello de Cotobade” Pontevedra: Deputación de Pontevedra, 1998. ISBN 84-89690-32-4. Páx.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Colonización de siversas variedades de musgos, líquenes e plantas enraizantes pero irán erosionando a superficie do cruceiro aos poucos.
Onde está localizado
Latitude: 42.4995540422Lonxitude: -8.44112634659
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84