Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Cervantes
Parroquia: San Tomé de Cancelada
Lugar: Dumia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A torre ten a orixe no século XII. O edificio atópase en serio perigo de derrubamento, con partes que xa caeron e outras con máis que preocupantes fendas. Foi solar e casa da familia Neira ou Vázquez de Neira. No muro do peche conserva unha gran pedra armeira de mármore onde se pode ler: “Estas armas y blasones son de Neiras ynfanzones y estas son de los de Lamas de Álvarez Alba y de Canceladas, apellidos desta casa”, mandado colocar por Gil de Mosteyro Neyra no 1660, cando unhas obras de reedificación. No século XVI, dona María de Neira merca ao arcebispo de Santiago o Pazo de Oca, entrando a linaxe dos Neira de Dumia a ser señores de Oca. A linaxe Neira no Val de Cancelada está vencellada aos pazos e torres de Penelas, Vilafrial e O Fabal, no mesmo val. Vázquez Seijas di que en escritura de 28 de xaneiro do ano 1490, outorgada entre Diego Díaz de Guitián e Basco Gómez de Cancelada, este recoñece a aquel por dono propio do pazo de Dumia, así como de todos os bens anexos, como marido de Aldara Vázquez de Cancelada, filla de Alonso López de Cancelada e Viringuela López polo cal Basco demitiu o dereito que a ditos bens podía ter, coa súa propiedade, Diego Díaz. Don Diego e a súa muller, por escritura do ano 1505, doan a favor de Diego Sánchez de Cancelada, da casa-torre e pousa de Dumia, durante a súa vida. Lope Díaz de Guitián fundou no ano 1600 o morgado da linaxe, ao que foron agregados os que posteriormente fixeran a súa muller, María de Balboa, no 1626, e de Pedro Díaz de Guitián, o seu fillo segundo, no 1649. Rodrigo Fenández de Cancelada, Diego Díaz de Guitián e Fernando Díaz de Guitián e Neira, outorgaron contrato o día 9 de xaneiro de 1660 sobre a reedificación da torre de Dumia.
A casa estaba composta de planta baixa e alta, cunha cerca de pedra calcaria bastante grosa e que constituiría o perímetro da primitiva torre. Na parte alta da segunda planta hai outra pedra armeira de xisto bastante desgastada, coroada tamén con helmo e viseira. A mediados do ano 1964 era propietaria da casa e bens de Dumia María Álvarez Valcarce, filla de Decoroso Álvarez Santín, residente en Baralla, casada con Manuel Fernández Fernández e que fora adquirida por un seu avó, Carlos Álvarez Carballo, aos seus donos que vivían en Vilafranca do Bierzo. Ao parecer, na actualidade pertence a varias persoas.
Os escudos gozan da máxima protección legal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Patrimonio da comarca dos Ancares: http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/castelos-e-torres-da-comarca-dos-ancares.html

Vázquez Seijas: Fortalezas de Lugo y su provincia.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Gravísimo risco de derrube total.


Onde está localizado

Latitude: 42.8514843
Lonxitude: -7.0696762
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84