Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Becerreá
Parroquia: Veiga (Santa Mariña)
Lugar: Pumarín de Riba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:
A 624 metros de altitude. Ata o día 24 de maio de 2016, este sitio figuraba só como topónimo, tanto no Servizo de Patrimonio Cultural en Lugo como no Pxom do Concello de Becerreá. Integrantes do Colectivo Patrimonio dos Ancares comprobamos que si houbo un asentamento de forma ovalada, cunhas medidas aproximadas de 120 por 65 metros. Dedicado a terras de cultivo, atópase moi alterado se ben aínda se aprecia a muralla perimetral, moi achandada, que o protexía. A impenetrable matogueira que o cubría ata mediados do ano 2015 foi levantada e substituída por un pastizal. Na actualidade unha parte ocúpao o pastizal e a outra continúa cuberta pola maleza (toxos, breixos e outras especies arbóreas).
Solicitamos a súa catalogación como ao Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo xa que só figuraba como topónimo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Contáronnos que hai moitos anos apareceu no castro unha pulseira de ouro que foi vendida en Lugo.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mámoa, petróglifos e castros da comarca dos Ancares:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de_3140.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8905549835Lonxitude: -7.10714578629
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Mai 31, 2016
O Castrillón na ortofoto do Voo Americano do 1956. Lugar de Pumarín de Arriba. (Veiga, Becerreá)