Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Baralla
Parroquia: Pacios (Santa María)
Lugar: Lamas
Outra denominación do ben: Casa da Torre
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Casa Grande de planta cadrangular (20x20m) situada no núcleo de Lamas de Pacios no concello de Baralla. Ten muros de cachotería de pedra con cantería de granito nos cercados das ventás e nos esquinais. Cuberta a catro augas de lousa con bufardas de madeira. Salientan dúas grandes balconadas nas fachadas este e sur, así como os escudos situados nada fachada este. Finca pechada con muro de pedra na que existen palleiras e un pombal, ademais de especies arbóreas de gran porte.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A orixe da casa atópase nunha torre que albergaba a antiga cárcere do partido de Neira de Xusá. Coa desamortización de Madoz do século XIX é adquirida pola familia dos actuais propietarios que desmontan a torre para construir o actual edificio, recuperando os escudos orixinais da mesma para a fachada principal. Da primitiva torre medieval consérvase a porta de acceso no lugar orixinal. No entorno da Casa atópase una capela adicada a San Roque que en orixe formaba parte da mesma propiedade.
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.929328656Lonxitude: -7.31443179577
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84