Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Vilaboa
Parroquia: Vilaboa (San Martiño)
Lugar: Chan de Castiñeiras
Outra denominación do ben: Cista de Chan de castiñeiras
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:

Esta mámoa de Chan de Castiñeiras forma parte dunha necrópole megalítica na que se inclúen uns nove túmulos funerarios. Está situada a uns 60 metros ao Norte da coñecida como Mámoa do Rei, ou Chan de Castiñeiras nº 1, a carón dunha pista asfaltada, e moi perto dunha torre-transformador eléctrica.

A mámoa conserva unha altura duns 50 cm sobre o terreo circundante, aínda que as remocións de terras nas inmediacións fagan difícil apreciar a estructura orixinal. No centro, presenta unha cista feita con grandes lousas de pedra de gran, e de planta trapezoidal, cunhas dimensións de algo máis de dous metros de longo, e 1’20 m de largura. Non conserva a tampa.

O estado actual do monumento é froito dunha reconstrucción recente. A cista foi escavada nos anos 50 por Ramón Sobrino. Posteriormente, foi limpada e documentada nos anos 80 por Peña Santos, para finalmente ser reconstruída, xunto con outros túmulos funerarios da Chan de Castiñeiras, a principios deste século.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36058014
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://pdf.depontevedra.es/ga/110/zpMCQEbUQV.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.35874211715161
Lonxitude: -8.672300577163696
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84