Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Rois / Sar (comarca)
Parroquia: Urdilde (Santa María)
Lugar: Pedre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O hórreo corresponde ao tipo amaián, con construción mixta de pedra e madeira. Os tornarratos son de tipo mesa e van apoiados en todo o seu perímetro, nas catro cepas con pequenas ménsulas. Nestes van apoiados os linteis que fan de asento ao tellado a dúas augas e cuberto con tella francesa. As faixas e doelas que conforman os claros da cámara son de madeira e deixan pequenos ocos para ventilación. Os penais son de pezas de sillería e rematados con sobrepenas. Remata os cume dos penais con pináculo e unha cruz. No lado sur o pináculo leva un reloxo de Sol, no que aínda se pode ver o gnomon. Leva un pequeno celeiro feito de faixas de madeira entre as cepas da base.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8396861793
Lonxitude: -8.72241228819
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84