Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...), Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Deza (comarca) / Silleda
Parroquia: Escuadro (San Cristovo)
Lugar: Penadauga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peneda duns 3 metros de altura cunha gran pía na súa parte superior. Moita xente considera que a auga depositada nesta pía ten poderes curativos, ao igual que toda a pedra. Ao seu pé, e nunha pequena cavidade, un oco serve de pequeno santuario onde se pousan velas, cirios e exvotos de cera que representan brazos, pernas, cabezas e tamén amuletos caseiros e todo tipo de obxectos que teñen certo significado para as persoas que os deixan alí. Ao seu carón estaba a capela de Santa Isabel, hoxe desaparecida. A figura da santa venérase agora na Igrexa parroquial de Escuadro. Na parte posterior da pedra hai unha escalinata con varanda para ascender ao penedo e ter acceso á auga curativa.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Conta a lenda popular, que a orixe dá festa está relacionada cunha muller que ía todos os días a lavarse á parroquia próxima de Graba e no camiño quedaba a durmir na parte de enriba dunha peneda, existente non lugar de Penadauga. Un día a muller desapareceu, pero non seu sitio chantouse a súa figura feita en pedra. Os veciños de Graba reclamaron a estatua declarando que era súa, pero aínda que a levaron, ela sempre volvía para a rocha. Despois de moitas discusións chegouse a un acordo, de maneira que a estatua quedou en Escuadro a cambio dunha campá. A figura de pedra en cuestión resultou ser a Santa Isabel que agora venérase na igrexa de parroquia de Escuadro, aínda que tamén quedou ou seu perfil na concavidade dá rocha de Penadauga”. Información da páxina http://www.santiagoturismo.com/monumentos/pena-de-penadauga

Unha das tradicións da romaría de Santa Isabel, ademais da donación de galiñas e polos para a súa poxa, é visitar Penadauga, para pasar por baixo deste penedo, ao que se lle atribúen desde tempos inmemoriais poderes curativos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.santiagoturismo.com/monumentos/pena-de-penadauga
http://karkallon.blogspot.com.es/2012/03/penadauga.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6876366626
Lonxitude: -8.28693151474
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84