Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Deza (comarca) / Silleda
Parroquia: Escuadro (San Cristovo)
Lugar: Penadauga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro sobre unha plataforma cun pedestal prismático. O varal é de sección octogonal, agás en comezo e remate. Capitel sinxelo e moldurado sobre o que apousenta a cruz latina sen figuración e de brazos potenzados. Está a carón do penedo denominado Penadauga ao que se lle atribúen poderes curativos e onde acoden os romeiros o día da celebración de Santa Isabel.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Unha das tradicións da romaría de Santa Isabel, ademais da donación de galiñas e pollos para a súa puxa, é visitar Penadauga, para pasar por baixo desta roca, á que se lle atribúen, desde tempos inmemoriais, poderes curativos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://silleda.es/PXOM/Parroquias/10%20Escuadro/Cat%E1logo/1137.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6874868218
Lonxitude: -8.28689664602
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84