Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Doade (San Pedro)
Lugar: Codeseda - Taín
Outra denominación do ben: Castro do Penedo / Aureola do Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado a 544 metros de altitude no extremo setentrional dunha lomba, preto da ruptura de pendente cara o val de río Asneiro. Amosa un único recinto de forma circular e lixeiramente máis extenso no seu eixo leste-oeste, onde mide 100 m. ao interior, e cerca de 120 m. ao exterior. Está delimitado por un terraplén que adquire máis desenvolvemento na zona leste e norte. A súa entrada é pola zona oeste, aínda que este acceso foi habilitado para entrar nas terras de labor do seu interior e é difícil adiviñar a súa configuración orixinal. Na actualidade estanse a levar a cabo escavacións neste recinto mediante un convenio da Consellería de Cultura co Museo Casa do Patrón. No castro levan aparecido varias vivendas, muíños de man barquiformes e circulares, un pote e varias olas así coma restos de cerámica e outros obxectos que se gardan no Museo. 
Foto da ficha Angel L. Utrera Baza


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Páxina do catálogo do PXOM Concello de Lalín:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA003.PDF
pax 20

BUXÁN, Carme. Guía dos Castros de Lalín. Lalín: Asociación Cultural “O Naranxo”. 1989 Páx. 13-14.
Acceso ao libro en pdf

http://carmenbuxan.blogspot.com.es/2014/09/guia-dos-castros-de-lalin.html
CARBALLO ARCEO, L.X. (1989): A Cultura castrexa na bacia media do río Ulla. Tesis Doctoral lida na Facultade de Xeografía e Historia,Universidade de Santiago de Compostela.(2001) A cultura castrexa na comarca do Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín: Patronato cultural de Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páx 124-337.

Fichas arqueolóxicas dos castros de Lalín. Deputación de Pontevedra. (pax 228 e seguintes)
Acceso web http://goo.gl/DcEWAl
Sala de Arqueoloxía no Museo A Casa do Patrón
http://museoetnografico.net/sala-de-arqueoloxia/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6076689515
Lonxitude: -8.13702821732
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84