Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Oia
Parroquia: Oia (Santa María)
Lugar: Oia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

As orixes deste mosteiro de Santa María de Oia non están moi claras. Algúns autores supóñeno fundado por San Martiño Dumiense no ano 569 e outros por san Fructuoso de Braga na primeira metade do século VII. No primeiro terzo do século XII está vinculado con varios privilexios outorgados polo rei galego Afonso VII. Un deles sería a doazón en Tui o 26 de xuño de 1137, ó mosteiro de Oia e o seu abade don Pedro, a metade das igrexas
de Erizana (Baiona) e A Guarda, e tódalas de Mogaes, Pedornes, Burgueira, Loureza e O Rosal. Esta doazón e máis outras, podémolas atopar no tumbo pequeno do ano 1739, aínda que tamén se pon en dúbida de si esas información son reais. Cabe pensar na existencia de tres comunidades diferentes: A de Oia co seu abade Pedro, a de San Cosme e San Damián, perto de Baiona, co seu prior Pelayo e os seus ermitaños, e a de San Mamede de Loureza, na cabeceira do val do Rosal, cos seus monxes negros. Todos eles, seguían a regla de San Benito, reuníanse en Oia os días de festa para «reconciliarse e conferenciar das virtudes e aproveitamento na vida espiritual», ademais de informar ó abade don Pedro do acontecido nas súas respectivas comunidades. Antes do ano 1149, as tres fusionáranse no mosteiro de Oia, baixo a observancia da Regla de San Benito.
A fachada do seu templo e as dependencias do mosteiro do costado occidental sitúanse ó borde do mar. Unha robusta muralla e unha estreita estrada, que desemboca na principal, sepárana da cala, onde rompen as ondas sobre as rochas. Consérvanse os restos dun espolón ou malecón a poucos metros da beira -moi apreciábel coa marea baixa-, nos cais, os muros ábrense na parte central da cala e organizaban un pequeno pasadizo con saínte e entrante para os barcos de pesca. Segundo un cronista cisterciense da Congregación de Castilla, o cenobio de Oia é o único da Orde que se levanta as beiras do Atlántico. Tódolos demais localizábanse no interior, en vales e cañadas. Polo seu estratéxico emprazamento, os monxes de Oía tuvéronse que ocupar igualmente da defensa da costa durante varios séculos, de ahí a súa denominación de «monxes artilleiros».
A igrexa presenta planta de cruz latina de tres naves, de doble anchura a central. No perímetro do transepto ábrense cinco capelas rectangulares e escalonadas nas súas cabeceiras a partires da maior, ésta de doble profundidade. Inspírase na chamada «planta bernarda», a máis pura das cistercienses.
O alzado do interior, dos máis austeros e sinxelos, é o que mellor responde aos ideais da primeira arquitectura cisterciense. Pilares e pilastras, de sección rectangular, soportan as bóvedas de canón apuntadas na cabeceira, tramo do cruceiro e nave central en sentido lonxitudinal o seu eixo, e as mesmas, pero en disposición perpendicular, nos tramos das naves laterais e brazos do transepto. Os arcos faixóns da nave central baixan en ménsulas escalonadas. Os demais fano sobre sinxelas pilastras impostadas. Xanelas con arco de medio punto e rosetóns iluminan o interior. Algúns foron tapiados ou eliminados, ó practicárselle algunhas reformas no testeiro da capela maior -añadeuse unha sacristía no século XVIII- e ó renovarse a fachada a principios do século XVIII. Os dous últimos tramos tamén foron reformados, cando se levantou o coro alto no último terzo do século XVI. Outras alteracións sufriron o testeiro norte do transepto nos vans de acceso á sacristía e á torre durante os ditos séculos.
A fábrica medieval sigue no seu conxunto o modelo supervisado por San Bernardo en Clairvaux II (1135-1145). As obras, iniciadas cara o 1190, deberon de concluir cara o ano 1230. Datos lexendarios, tomados dunha historia manuscrita de Oia, vinculan a fábrica a un mestre foráneo chamado Bernardo, que dirixiu un equipo de canteiros familiarizados coas fórmulas da abacial borgoñona.
As dependencias do mosteiro ábrense no costado sur da igrexa. A partires da incorporación de Santa María de Oia á Congregación de Castilla da Orden Cisterciense (1547) iniciouse unha fructífera actividade constructiva, que trouxo consigo a renovación total da fábrica medieval do seu mosteiro. Non menos destacábel foi a ampliación e reedificación de importantes estancias durante os séculos XVII e XVIII, das que permanecen boas testemuñas nas galerías que se abren a ambos lados do patio dos Naranxos e na torre. O estado das cubertas é lamentable ó igual cos pavimentos de madeira. Nalgunhas zonas, os muros están danados pola humidade, as materias orgánicas e a erosión ameazando con vir abaixo.
A fábrica medieval das dependencias monásticas foi prácticamente renovada a partir de mediados e do último terzo de século XVI. Nembargantes, mantéñense algunhas estancias que comunicaban coa igrexa,
como a sacristía e outra o carón dela, e algúns elementos na parte inferior e intermedia da actual torre barroca; aínda que todas elas sufriron algunhas alteracións na época moderna. Permanece tamén parte do alzado dunha edificación que enlaza coa muralla no lado norte.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– AMEAL GONZÁLEZ, M.: «El Real Monasterio de Sta. María la Real e Imperial de Oya en la provincia de Pontevedra», Cistercium, año 1, nº 5, 1949.
– ARIAS, M.: «Santa María de Oya», Diccionario de Historia Eclesiástica, Madrid, 1973, t. III.
– COUSELO BOUZAS, J.: “Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del XIX”, Santiago de Compostela, 1932.
– FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, M.: «El monasterio de Santa Maria de Oya y sus maestros constructores», Cuadernos de Estudios Gallegos, XI, 1956.
– MANSO PORTO, C.: “El Monasterio de Santa María La Real de Oia, Estudio histórico-artístico”. «CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS», Tomo XLIX, Fascículo 115, Santiago 2002.
– TORRES BALBAS, L.: “Monasterios cistercienses de Galicia”, Santiago, 1954.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OIA/documents/0856ME010.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OIA/documents/0856CA001.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0032479968
Lonxitude: -8.87629777199
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84