Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Vigo
Parroquia: Coruxo (San Salvador)
Lugar: San Lourenzo
Outra denominación do ben: San Lourenzo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Situados nuns penedos, atópanse neste lugar algúns petróglifos, rebaixes e pías. Na bibliografía menciónase tamén a presenza de cerámica romana. Sitúase nas inmediacións do castro de San Lourenzo.
Na parte máis alta do outeiro atopamos un gran afloramento de pedra, que ten nunha das caras verticais, un gravado vagamente serpentiforme e algunhas cruces e círculos. Posúe un petróglifo de forma oval de 1 por 0´80 m. que contén un óvalo interior formado por 11 coviñas, unha alongada e outra circular alternativamente. Obsérvanse tamén varios rebaixes a modo de escalóns. No estremo norte do outeiro atópase a pía de San Lourenzo, de un metro de diámetro e máis de medio metro de profundidade cunha canle de desaugadoiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
O petróglifo ovalado é coñecido como a grella do Santo. A pía foi onde arrefriaron a San Lourenzo. Tamén se fala da presencia de celtas, romanos e franceses no outeiro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Acuña Castroviejo, F. 1980. Vigo en la Antigüedad. Vigo en su Historia. Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Vigo.
Carballo Arceo, X, Luances Anca, J e Toscano Novella, C. 1998. Catálogo do Patrimonio Arqueolóxico. Arqueoloxía de Vigo e a súa Historia. Concello de Vigo. Vigo
García Quintela, M. V. e Santos Estévez, M. 2008. Santuarios de la Galicia Céltica. Abada. Madrid.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Atópase moi próximo a numerosas construccións. A pía foi parcialmente afectada pola costrucción dun muro de bloques de formigón.
Onde está localizado
Latitude: 42.1918685533769Lonxitude: -8.770509660243988
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Castro de San Lourenzo – O Penedo (Coruxo) « Patrimonio cultural de Vigo says:
Mar 29, 2013
[…] Patrimonio galego, O Penedo […]