
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas, Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: A Franqueira (Santa María)
Lugar: A Franqueira - Coto da Vella
Outra denominación do ben: Peto-Cova-Esmoleiro da Virxe da Franqueira
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pequena cova situada a uns 924 m.s.n.m no lugar chamado “Coto da Vella”, con partes naturais e outras feitas polo home na que podemos ver unha imaxe pétrea da Virxe da Franqueira, duns 1,40 m. de altura de talla gótica, acompañada do Neno. Esta imaxe é unha réplica exacta da que podemos ver no Santuario da Franqueira, e foi situada neste lugar no ano 1968. Tamén recibe o nome de Virxe da Fonte.
Ao carón da imaxe da Virxe podemos ver unha estrutura metálica con forma de hórreo para gardar as candeas.
Ao carón da cova tamén podemos ver dúas mesas feitas en pedra a modo de altar, unha delas derruída.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Conta a lenda que unha anciá, cando ía recoller o seu pequeno rabaño, no lugar que dende entón se denomina “Coto da Vella”, observou un resplandor que iluminou a parte máis escabrosa do monte e que alí, entre os penedos, viu unha imaxe da Virxe María. O lugar da aparición estaría xusto no límite entre Luneda e A Franqueira, parroquias que se disputaban o dereito a construírlle unha ermida nos seu terreos, dado que o escabroso do punto en que aparecera facía imposible calquera construción. Engade a lenda que para dirimir a cuestión acordaron colocar á imaxe nun carro tirado por varias xuntas de bois, cos ollos pechados e sen guía, para que marchasen ó chou ata que parasen no lugar onde se había de levantar a ermida. Ese lugar sería o que hoxe ocupa o cemiterio da Franqueira.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACANIZA/documents/0764CA005.PDF
(Páxina 2)
http://arteenmipueblo.blogspot.com.es/p/parroquia-franqueira.html
http://fiestasytradiciones.bligoo.es/dolmenes-cristianizados-por-cesar-justel-texto-y-fotos
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra.
Ed. IR INDO, 1998
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1661042591Lonxitude: -8.35151106119
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xuñ 14, 2016
Pía situada na contorna da cova.