Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Moreira (San Martiño)
Lugar: Rañe de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de tipo aberto composto por unha pedra granítica que remata nunha cornixa moldurada.
A fornela, con arco de medio punto, posuía un retablo. Aínda se pode ver algúns dos ferros que a protexían.
O burato para as esmolas atópase por debaixo da fornela; o caixón atópase na parte traseira do conxunto.
Este peto de ánimas posúe varias inscricións. Arredor da fornela e en letra cursiva podemos ler o seguinte:
“A DEVOCION DE JOSE BARROS Y SU MUGER”
Por debaixo da fornela aparece unha segunda inscrición:
“DEVOTO DE CAPILLA
DE (…)
APLICAR LA MISA O ROSARIO (…)”
No pasado, o conxunto remataba nunha cruz, hoxe desaparecida


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.pxomponteareas.org/p-o-x-m/ (Ficha 13.09.01)

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E: “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, Moné: “Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas”. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O peto debeu sufrir algún tipo de golpe xa que a pedra está partida en dous. Unha cinta suxeita as dúas partes.
A cornixa moldurada a podemos ver tirada ao carón do peto.


Onde está localizado

Latitude: 42.1448823855
Lonxitude: -8.50373527249
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84