Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A antiga fábrica atópase ao lado da Ponte de Traba. O edificio feito con cadeirado de granito está en estado ruinoso pero mantén a súa rexa feitura. Fachada con porta de medio punto e escudo de armas tallado na fronte e no esquinal. Testemuña muda dunha época florecente e preindustrialización que desde o XVIII se deu en Noia no sector do curtido de peles. No ano 1750 xa aparecen rexistrados no Catastro de Ensenada, entre Santa Mariña do Obre e San Martiño de Noia 26 curtidores. Pedro García Vidal no seu libro A Noia da Memoria dinos: “Noia chegou a contar con 44 fábricas de curtidos e relacionados con esa actividade existían tamén, 3 fábricas de cortes aparados para calzado, talleres de fabricación manual de calzado (máis de 60), e talleres de reparación de calzado(50). (Eduardo Ces 1950)”. Entre 1957-1976, as industrias de curtidos, non souperon adaptarse á competencia de cataláns, vascos e valencianos.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Pedro García Vidal.A Noia da Memoria, Pasado e presente dun casco histórico:Evolución urbana. Edita concello de Noia 1991. ISBN.84-87879-01-2
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOIA/documents/1610CA222.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7854881897061
Lonxitude: -8.883878588676453
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84