Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Catoira
Parroquia: Santa Baia de Oeste
Lugar: Illa dos Ratos, Catoira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” sen base e cun pedestal cúbico achafranado. O varal empeza cuadrangular ata un terzo do mesmo para pasar a ser octogonal diminuíndo a súa sección ata o capitel. Máis ou menos pola metade do varal, no anverso, presenta unha figuriña de Santiago Apóstolo coa cabeza rota. O capitel cuadrangular, con astrágalo octogonal e ábaco cuadrangular, de lados rectos, ten cruces de Santiago separados por espirais. A súa cruz cuadrangular, cos brazos en chafrán, presenta no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Mira ó fronte e leva unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita e o pé dereito vai por riba do esquerdo. Polo reverso da cruz fica a Virxe María coas mans sobre o peito en actitude de orar pousada sobre unha cuncha de vieira.
Este cruceiro foi doado por Manuel Domínguez López, propietario da empresa local “CERÁMICA DOMÍNGUEZ DEL NOROESTE, S.A.”, máis coñecido localmente polo acrónimo “CEDANOSA”. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Lembramos que esta illa, segundo recolle Frei Martín Sarmiento na súa viaxe de 1745 cando estivo ó carón das Torres de Oeste, chamábase Castrivello.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E.: “Cruces, cruceiros e petos do concello de catoira. Historia dun concello”.Historia e etnografía galegas, Volumen XXXIII. Asociación galega para a cultura e a ecoloxía (AGCE). Editorial AGCE, S.L. 2008.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6786530684Lonxitude: -8.72637379917
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84