Outra fotografía:
Tipo de ben: Necrópole, Igrexa,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: San Xoán de Pena
Lugar: A Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Altomedieval, Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Restos da vella igrexa, que se atopaba sobre un gran desnivel á beira do Miño, a 6 km. da cidade de Lugo, destruída case totalmente en 1872 co fin de aproveitar os materiais para a nova igrexa, construída noutro lugar. No lugar fíxose unha escavacion nos anos 70, na que se acharon unha ábsida de planta de ferradura labrada na propia pena, unha peza de mármore con labor de trépano, tégulas e un fragmento de basa. Tanto estes materiais, como fotos, informes ou memorias da escavacion fican desparecidos. recentemente localizouse unha peza de mármore tardorromana moi deteriorada no Museo Provincial de Lugo, así como un capitel ¿tardorrománico? no Museo Diocesano de Lugo, cunha posible procedencia de San Xoán de Pena, sen poder confirmalo coa información coñecida hoxe en día. tamén hai referencia orais dunha pía escavada na rocha, que se atopa enterrada nas inmediacions da igrexa, mais non se atopou referencia ningunha escrita. Na actual igrexa existen varias pezas de mármore provintes da vella, así como unha moldura, un canzorro ou modillón, entre outras.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
segundo os relatos dos veciños,nun abrigo que fai un sainte na pena, nun gran desnivel a poucos metros de onde se atopaba a igrexa apareceuse San Xoán o Bautista, (segun outra versión apareceu unha imaxe do mesmo Santo) motivo polo cal se edificou nun lugar tan inapropiado a primitiva igrexa. un dos motivos do translado, segun se conta, foi que as xentes dun nucleo da outra beira do miño, Vilalbite, se viñan enterrar ó vello cemiterio pero no paso do Miño dun defunto, envorcou o batuxo ou barca, caendo o defunto ó río e os que na embarcación ian.
Tamén se conta que foron tres os mozos que subiron ó lousado para comezar o derribo da igrexa, facendoo dunha maneira coidadosa pasa aproveitar o máximo de materiais, mais estes tres rapacen morreron ese mesmo ano, tomandose como unha maldicion por haberen desfieto a igrexa e “levala” dun lugar santo, para mais “inri” un dos rapaces non puido ser sepultado na propia parroquia pois o cemiterio novo ainda non se acondicionara e o vello estaba xa inutilizado.
O lugar é o único sitio da contorna onde medran de xeito moy abondoso os loureiros, sendo segundo a tradición un sino da santidade do lugar.
Historia recente do ben:
Actualmente, é imposible chegar a ver os restos sen saber deles ou sen un veciño do lugar que faga de guía, pese a estar a escasos metros dun moi transitado paseo ás beiras do Miño.
Tras o translado en 1872 da igrexa a outro lugar mais apropiado o lugar converteuse nun pasteiro, que se enchería de silvas, neste estado e servindo de vertedoiro de residuos se atopaba nos anos 70 do século pasado, cando un grupo de mozos, dirixidos por Ricardo López Pacho, como participantes do concurso de RTVE Misión Rescate, escavou no lugar.
Referencias bibliográficas:
R. LÓPEZ PACHO «Vestigios del período pre-románico en la provincia de Lugo», XV Congreso
Nacional de Arqueología, Lugo, 1979, p. 1221- 1228; M. NÚÑEZ RODRÍGUEZ, Arquitectura
prerrománica en Galicia, La Coruña, 1978, p.66.
http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/viewFile/158/161
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9668764026Lonxitude: -7.51669764519
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84