Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole, Ermida,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Santo André de Castro (Santo André)
Lugar: Agro do Santo
Outra denominación do ben: San Román
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Os restos visibles correspóndense coa zona do presbiterio e a ábsida da construción, de grosos muros, acadando cerca de 1,5 m., de planta rectangular, feita de laxes de pizarra, pedra abondosa na zona. Está cuberta con bóveda de canón, que se acha derrubada, conservándose só os arranques, e na cabeceira, un arco rebaixado, no que é probables que se situara a decoración ( retablo ou pinturas) hoxe perdida. A cadanseu lado, existen un fornelo alintelado. Moi próximas á cabeceita consérvanse dúas ventás seteiras con derrame interior e exterior.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo se di, nas inmediacions existe unha pía escavada na rocha, e unha pequena fonte, chamada Gotexa ou fonte de San Román, mais hoxe en día ninguén coñece a súa ubicacion e a simple vista non se puideron localizar.
Parece ser que cando se abandonou o culto nesta capela a imaxe que alí se veneraba de San Román, foi levada á igrexa, mais esta aparecía de novo na capela.
A devoción a este Santo, neste lugar estaba moi extendida, facéndose grandes romarías, peregrinacións, ofertorio de exvotos de cera, a aínda hoxe en día, na actual igrexa parroquial “ponse” o Santo (imaxe de San Román de pequenas dimensions) ás persoas que teñen algún padecemento.


Historia recente do ben:

Descoñécese a data na que se abandonou esta capela, aínda que se pode sospeitar que foi no momento do que se derrubou a bóveda. No lugar fixeron unhas catas e investigacións un grupo de Misión Rescate nos anos 70, mais os datos obtidos estan perdidos, agás unha folla manuscrita polo mestre Ricardo Lopez Pacho, na que di que a bóveda comeza a 2,5 m. do chan orixinal e a construción medía 19 m. de longo.
Nos anos 80, aproximadamente, fíxose un camiño asfaltado que roza a construción, antes disto fíxose unha escavación atopándose enterramentos suevos.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O maior perigo ao que se enfronta é o abandono, ademais de posibles extraccións de pedra e o vertido de residuos. Non fai moitos anos derrubouse o que quedaba da bóveda do lado norte, e o que queda no lado sur, sen dúbida correrá a mesma sorte en non moitos anos.


Onde está localizado

Latitude: 42.9736503045
Lonxitude: -7.52722978614
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84