Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Betanzos
Parroquia: Pontellas (Santa María)
Lugar: Illobre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Trátase dun asentamento fortificado situado nun espolón a 125 metros de altura sobre o nivel do mar. Ten no lado Leste a ría de Betanzos e no Oeste o río Callou. O xacemento está composto por un antecastro e unha croa, ámbolos dous de forma irregular aínda que, a croa semella a un pentágono de lados irregulares. O antecastro ten unhas medidas duns 140 metros de NO a SL por uns 90 metros de SO-NL, Abarcando unha superficie dunhas 1`8 Ha. A croa, ten unhas medidas de NO-SL duns 140 metros por uns 128 metros de L-O, acadando uns 1`35 Ha de superficie. Este asentamento conta cunha excelente defensa natural o atoparse entre dous ríos e no sur a liña de releve mantén practicamente a altura. O antecastro está defendido por un terraplén que ten máis altura polo SSO e vai descendendo ata o leste a medida que se fai menos costaneira a pendente. A croa está cinguida por un terraplén que na parte sur refórzase cun parapeto e un foxo, xa que pola configuración do releve ésta é a parte máis accesíbel ó castro. O acceso á croa sitúase no SO. Neste xacemento tense atopado restos de cerámica castrexa.
Dicir tamén que este castro ten intervisibilidade con outros castros, ollándose perfectamente co Castro de Cortiñán, Santa Marta de Babío, o castro de Bergondo e o de Untía.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MONTEAGUDO GARCÍA, L.:”Los castros de la zona La Coruña-Betanzos”. Actas del tercer Congreso Nacional de Arqueología. Páx 404-405. 1958.
– REY CASTIÑEIRA, P.: “Estudio y catalogación de castros de la provincia de la Coruña”. Gallaecia nº 7-8, P.72. 1984.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BETANZOS/documents/26373ca004.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2926954363
Lonxitude: -8.22836235168
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84